15/01/18

Xa se achega o entroido

E mentres preparamos os disfraces, nunca está de máis un pouco de información organizada, a que nos achega esta presentación do noso compañeiro Lourenzo Álvarez, ao que lle agradecemos que comparta con nós o seu saber.



10/01/18

FELIZ 2018!!

Logo do descanso de nadal, comezamos un novo ano co ánimo renovado e, como sempre, coa nosa lingua fóra, amosándoa, usándoa, defendéndoa, transmitíndoa.
Por iso acollemos con alegría a iniciativa da Universidade de Vigo de sacar á luz este calendario en colaboración con Kiko da Silva.
No taboleiro da lingua irémolo amosando mes a mes, pero compartímolo aquí con vós enteiro agardando que vos sexa de utilidade. Para acceder a el, clicade na imaxe.


14/12/17

O apalpador

Inmersos xa no Nadal, compartimos con todos vós a narración do conto "O Apalpador", que fixeron os compañeiros e compañeiras de 5º de Educación Primaria.


24/11/17

E a nosa pequena achega para o 25_N

Moitas grazas a todo o alumnado de 4º de ESO polo seu interese e dedicación!!

O Túnel [V.O.]. Máis contra a violencia de xénero nos medios.



Grazas ao alumnado do IES Moncho Valcarce das Pontes!

16/11/17

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Rematado o Samaín e comidas as castañas do magosto, que celebramos onte, xa vén aí unha data importante: o 25 de Novembro.
Para irnos preparando, queremos deixarvos este vídeoclip do grupo MBCP que gañou o 1º premio de música infantil e xuvenil do Certame "Quero cantar" da Deputación da Coruña.

A ver se vos gusta!








31/10/17

Día de Samaín 2017

Grandes e pequenos pasámolo de medo!! Grazas ás familias por colaborar na elaboración destas magníficas cabazas  e a  toda a comunidade educativa pola súa implicación.









25/10/17

E unha lectura de medo!

Ao fío destas datas, recomendámosvos, para os pequenos e non tan pequenos, esta novidade de Xerais:


Está chegando o Samaín...

E o centro comeza a dar medo!!😶😶😶😶



Para informarvos e prepararvos ben, podedes atopar moitos recursos clicando na imaxe:

https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/

09/10/17

Grafitti normalizador

O Concello de Lousame organizou esta semana catro obradoiros de cultura urbana dirixidos á mocidade do municipio, dentro do proxecto “Mocidade creativa en Lousame”, unha iniciativa subvencionada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Consistiu en dous obradoiros de graffiti, un de rap en galego e outro de beatbox cos que se pretendía " fomentar actitudes creativas e innovadoras da mocidade de Lousame e sempre a través da dinamización da lingua galega”, segundo explicou  a concelleira de Mocidade. 
O resultado máis visible e perdurable desta actividade é un grafitti que adornará de agora en diante unha das entradas do noso centro e que recupera un vello lema do noso EDL: "Fala galego, non te perdas". Tamén nos serve para darlle as grazas ao EDL do curso pasado, pois este era un proxecto seu que non puido levarse a cabo por falta de orzamento. Seguro que estarán content@s de ver cumprido o seu desexo!