06/05/09

NOVO DISCO DE PEPE VAAMONDE GRUPO


Presentou o terceiro disco do Pepe Vaamonde Grupo, que leva por título Introterra , un traballo gravado case todo nos prestixiosos estudios PKO de Madrid, autoeditado pola banda e distribuído por Lonxa Cultural, no que a formación segue «vertebrando» a súa música «cos elementos naturais», neste caso coa terra, tras inspirarse na auga e no vento nos seus discos anteriores.
Segundo Pepe Vaamonde, líder e gaiteiro da banda coruñesa, con este traballo a formación continúa a facer «música tradicional, folk clásico, profundando na esencia da música tradicional». A maioría das composicións que recolle Introterra son propias, «composicións que -aclara Vaamonde-, no tocante ás melodías, ben poderían ser de hai uns cen anos, ou polo menos a inspiración vén de aí».
Soamente os temas cantados son tradicionais neste último traballo do grupo. «A voz ten bastante presenza neste disco. De feito, no álbum anterior metemos dous temas, pero non os levamos ao directo. Neste disco tiñamos a idea de meter tres temas cantados que tivesen moita importancia porque hai moita música do país por facer, e tamén para levar ao directo», di Vaamonde.
Escoitámolo?

Sem comentários:

Enviar um comentário