29/05/12

En galego... un mar de razóns

Aquí tedes o vídeo cos vosos peixes cargados de razóns para usar a lingua propia. En breve coñeceremos os peixes gañadores, estade atentos. E un curso máis, grazas por colaborardes con nós dun xeito tan animoso.



4 comentários:

  1. Anónimo2/6/12 13:03

    A min gustariame saber cal foi o peixe que mais lle gustou a concha e a fátima xa que foron as responsables de todo esto.Espero resposta das DUAS por favor!!!!

    ResponderEliminar
  2. Fai mais dunha seman que formulei a seguinte pregunta:¿Que peixe foi o que mais lle gustou a concha e a fatima? Ainda hoxe estou esperando pola resposta.Estou bastante decepcionada porque non me respondichedes a pregunta

    ResponderEliminar
  3. Concha e Fátima19/6/12 12:11

    Estimada ANÓNIMA:
    Antes de darlle resposta á túa pregunta, queremos ambas as dúas desculparnos pola tardanza. Os comentarios están moderados e non saen publicados no momento en que vós os escribides.
    O departamento de galego propuxo esta actividade cuns obxectivos claros que vos foron expostos desde o comezo. Considerabamos fundamental que participase o profesorado e o alumnado de todos os niveis reflexionando, dun xeito lúdico e creativo, sobre as razóns polas que debemos usar a lingua propia. Se ben se formulou como un concurso, o premio parecíanos o menos importante, era un simple incentivo para os nenos, pois entendiamos que o profesorado xa consideraba un agasallo o feito de participar nesta actividade tan entretida.
    Con todo, para ser coherentes coa idea dun concurso, escollemos un xurado o máis imparcial posible, deixando fóra os titores e todas aquelas persoas que, directa ou indirectamente, colaboraran na elaboración do mural. Entre esas persoas estabamos nós as dúas, posto que guiamos na actividade a todo o alumnado de secundaria. A ese xurado lembróuselles que na elección dos premiados deberían valorar a vertente plástica e, sobre todo, a reflexión lingüística e o traballo dos rapaces/as.
    Posto que, ningunha das dúas dubidamos da obxectividade e o bo facer do xurado escollido, non nos parece de recibo pór en cuestión o resultado que nos deron.
    Esperamos que a resposta que che ofrecemos satisfaga a túa curiosidade, pois entendemos que se trata só diso, dunha curiosidade, e non esteas defraudada polo resultado da votación. O vindeiro curso pensamos facer moitas máis actividades nas que agardamos participe, ao igual que este ano, todo o centro con espírito desinteresado e colaborador.

    Concha e Fátima

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E podese saber porque poñedes,por exemplo,anonima en femenino?Quero decir, o mellor non son unha rapaza se non un rapaz.Pero eso non importa.Sei de sobra que fixechedes o concurso co fin de que nos deamos de conta do importante que é usar a nosa lingua.E o que respeta a votacion pois....non é agradable ver como gañan os teus ¨contrincantes¨2ºA(vamos a chamalo asi)pero teño que recoñecer que o seu peixe e bastante mellor co noso e eu xa estou contento/a con participar porque eu co paso do tempo aprendin que o importante é participar e pasalo ben e si se da a casualida de que gañas,pois mira, unha alegria mais,non credes?Eu sei que o xurado elixiu o que mais lle gustou e si fose eu pois posiblemente fixera o mesmo.
      Unha aperta

      Eliminar