En 3º ESO decidimos facer de trobadores e trobadoras improvisados e pornos a compor cantigas de amigo. Algúnhas con leixaprén, algunhas con paralelismo, outras con refrán e nalgún caso con erros que evidencian que non é tan doado compoñer. Aquí tedes algunhas, a ver que vos parecen?
A moza atópase moi soa,
pois morreulle o amigo nun páis de fóra,
Ai, a rapaza chora.
o amigo xa lle revolveu nos cabelos cando era nova.
Ai, a rapaza chora.
Pois morreulle o amigo nun país de fóra,
ela xa non encontrará outro amigo, morrerá soa.
Ai, a rapaza chora.
O amigo xa lle revolveu nos cabelos cando era nova,
ela xa non atopará outro amado, falecerá chorosa.
Ai, a rapaza chora.
Adrián Outeiral
Onte mandeille un chío
por onde andas chuliño?
por onde andas chuliño?
E ai, por Deus, deixoume en visto!
Onte mandeille un juasap
por onde andas mociño?
E ai, por Deus, deixoume en visto!
Por onde andas chuliño?
co cal eu me lío
E ai, por Deus, deixoume en visto!
Por onde andas mociño?
co que vou á disco
E ai, por Deus, deixoume en visto!
Irene Agra
Dicía a pobre rapaza
que o amigo non chegaba
Onde vai o meu amigo?
As mensaxes e chamadas
que o amigo non llas contestaba
Onde vai o meu amigo?
Que o amigo non chegaba
e a rapaza desesperada
Onde vai o meu amigo?
Que o amigo non llas contestaba
e a rapaza perdeu a esperanza.
Onde vai o meu amigo?
Nerea Tubío
Chegáronme novas do meu amigo,
Na capela de San Roquiño
quedei co meu amigo.
Que ben o imos pasar!
Na capela onde se toma o viño,
quedei co meu cerviño.
Que ben o imos pasar!
Quedei como meu amigo
para tomar un churrasquiño.
Que ben o imos pasar!
Quedei co meu cerviño
para tomar un groliño.
Que ben o imos pasar!
Mario, Alicia, Marta e Saúl
por todas as praias do lugar.
Eu buscando ó meu
amigo.
Ando preto das ondas
que rompen por estas costas.
Eu buscando o meu
amigo.
Por todas as praias do lugar,
un cervo veume visitar.
Eu buscando o meu
amigo.
Nas costas onde remata o mar,
un cervo veume atopar.
Eu buscando ó meu
amigo.
Fabián, Xulia, Víctor e Carla.
Chegáronme novas do meu amigo,
Aquel que coñecín en Vigo.
Cando te encontrarei?
Aquel que coñecín no barco.
Cando te encontrarei?
Aquel que coñecín en Vigo,
prego que volvas comigo.
Cando te encontrarei?
Aquel que coñecín no barco,
prego que volvas, meu amado.
Cando te encontrarei?
Prego que volvas comigo,
sempre serás benvido.
Cando te encontrarei?
Prego que volvas, meu amado,
sempre serás o meu namorado.
Cando te encontrarei?
Pablo, Juanma, Jenni e Borja.
Sem comentários:
Enviar um comentário