O outono chega cargado de premios para a nosa literatura. O Ministerio de Cultura, acaba de concederlle o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil ao escritor Antonio García Teijeiro, polo seu libro Poemar o mar.. Teijeiro é un firme defensor da poesía, que considera "un xénero tan maldito como necesario"
Poemar o mar é, en palabras o autor, "unha suma total das súas vivencias e lecturas en relación á auga mariña" na que se mesturan a emoción co ritmo e a musicalidade.
Os alumnos e alumnas de 4º de ESO rendémoslle a nosa particular homenaxe por este premio do xeito que a el máis lle gusta, facendo poesía na aula. Logo colgamos o resultado no Taboleiro da lingua. Velaquí o resultado.
Sem comentários:
Enviar um comentário